A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago acubilla as instalacións da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, dende a creación desta a remates de 2000, lugar onde na actualidade se custodian tamén o arquivo e biblioteca persoais do poeta coa finalidade de espallar o seu infinito ...
Autores :REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER / GARCÍA CANDEIRA, MARGARITA
Número de páginas :125
Colección :PUNTO CERO
NumeroColeccion :04
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago acubilla as instalacións da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética, dende a creación desta a remates de 2000, lugar onde na actualidade se custodian tamén o arquivo e biblioteca persoais do poeta coa finalidade de espallar o seu infinito legado. Unha biblioteca que neste volmen se cataloga ordenadamente, coa única intención de ofrecer e facilitar unha ferramenta máis para todos aqueles amantes da herdanza intelectual de Valente así como para todos aqueles que se acheguen por primeira vez á súa vida, obra e pensamento. A biblioteca persoal de José Ángel Valente consta dun total de 8063 monografías integradas nos 8642 volumes que conforman o total do fondo bibliográfico1, ao que habería que engadir os 300 títulos de publicacións periódicas que posuía o poeta, narrador e ensaísta de Ourense, así como os libros de el ou sobre el que se publicaron tras a súa morte, material periódico e conxunto póstumo do que non imos tratar nesta obra. Todo aquel acervo bibliográfico ocupa, aproximadamente, uns 192 metros lineais de andeis, cun gran predominio da lingua castelá (máis de 4000 títulos) e francesa (máis de 2000), mais onde non faltan idiomas como o galego, inglés, italiano, alemán, portugués, catalán...
Este sitio web almacena datos como cookies para habilitar la funcionalidad necesaria del sitio, incluidos análisis y personalización. Puede cambiar su configuración en cualquier momento o aceptar la configuración predeterminada.
Las cookies necesarias ayudan a hacer una página web utilizable activando funciones básicas como la navegación en la página y el acceso a áreas seguras de la página web. La página web no puede funcionar adecuadamente sin estas cookies.
Personalización
Las cookies de personalización permiten a la página web recordar información que cambia la forma en que la página se comporta o el aspecto que tiene, como su idioma preferido o la región en la que usted se encuentra.
Análisis
Las cookies estadísticas ayudan a los propietarios de páginas web a comprender cómo interactúan los visitantes con las páginas web reuniendo y proporcionando información de forma anónima.
Marketing
Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes en las páginas web. La intención es mostrar anuncios relevantes y atractivos para el usuario individual, y por lo tanto, más valiosos para los editores y terceros anunciantes.