En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, monto...
En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento para mestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa conta ou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicacións que recollían experiencias dun número moi considerable de profesores da propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moi laborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitas veces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas, conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, ao non existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de ciencias da educación doutras universidades españolas. A esta rigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco de información e documentación complementaria: referencias bibliográficas e documentais; índice de imaxes, de táboas e onomástico, e once anexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursos de especialización, posgrao e másteres; o obradoiro permanente de educación ambiental; os proxectos de investigación desenvolvidos polo ICE; as publicacións patrocinadas; os premios á innovación educativa na USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveis do ICE.
Este sitio web almacena datos como cookies para habilitar la funcionalidad necesaria del sitio, incluidos análisis y personalización. Puede cambiar su configuración en cualquier momento o aceptar la configuración predeterminada.
Las cookies necesarias ayudan a hacer una página web utilizable activando funciones básicas como la navegación en la página y el acceso a áreas seguras de la página web. La página web no puede funcionar adecuadamente sin estas cookies.
Personalización
Las cookies de personalización permiten a la página web recordar información que cambia la forma en que la página se comporta o el aspecto que tiene, como su idioma preferido o la región en la que usted se encuentra.
Análisis
Las cookies estadísticas ayudan a los propietarios de páginas web a comprender cómo interactúan los visitantes con las páginas web reuniendo y proporcionando información de forma anónima.
Marketing
Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes en las páginas web. La intención es mostrar anuncios relevantes y atractivos para el usuario individual, y por lo tanto, más valiosos para los editores y terceros anunciantes.