Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García (1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar ...
Coa homenaxe ofrecida ao seu fundador, o profesor Constantino García (1927-2008) en 1991, a área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela deu inicio á ininterrompida tradición de adicar un volume estudos en homenaxe aos mestres que acadan os 65 anos de idade, pero sen agardar o momento da xubilación. Tras os volumes en homenaxe a Antón Santamarina (2008) e Mercedes Brea (2016), é a vez agora do profesor Francisco Fernández Rei. Este volume ofrecido a Paco ábrese coas achegas de tres dos seus amigos e colegas, que proporcionan un relato persoal e entrañable do percorrido dun investigador e profesor (un cambadés fidalgo e soñador, en palabras de Antón Santamarina) consagrado á dignificación da lingua galega e de Galicia.Tras esta introdución, o libro divídese en tres partes: na primeira atópanse cuestións de sociolingüística xeral e aplicada; na segunda, contribucións moi variadas tanto no que concirne ás ámbitos románicos (seis linguas románicas minorizadas) como ós enfoques e ás temáticas tratadas; na terceira, situacións sociolingüísticas complexas nas que a nación de fronteira (lingüística e/ou política) é determinante.O conxunto serve para poñer de relevo unha das liñas de investigación cultivadas por un catedrático de Filoloxía Románica que, sen descoidar as persoas, estuda as linguas. Pois para Paco, como di o vello poema hoxe convertido en himno, Limba noastra-i o comora: a nosa lingua é un tesouro.
Este sitio web almacena datos como cookies para habilitar la funcionalidad necesaria del sitio, incluidos análisis y personalización. Puede cambiar su configuración en cualquier momento o aceptar la configuración predeterminada.
Las cookies necesarias ayudan a hacer una página web utilizable activando funciones básicas como la navegación en la página y el acceso a áreas seguras de la página web. La página web no puede funcionar adecuadamente sin estas cookies.
Personalización
Las cookies de personalización permiten a la página web recordar información que cambia la forma en que la página se comporta o el aspecto que tiene, como su idioma preferido o la región en la que usted se encuentra.
Análisis
Las cookies estadísticas ayudan a los propietarios de páginas web a comprender cómo interactúan los visitantes con las páginas web reuniendo y proporcionando información de forma anónima.
Marketing
Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes en las páginas web. La intención es mostrar anuncios relevantes y atractivos para el usuario individual, y por lo tanto, más valiosos para los editores y terceros anunciantes.