Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, ...
Medramos coa presenza limpa das rectas, tan simples, tan útiles, sen dubidar da súa consistencia, malia vivirmos nunha superficie curva, aceptando o seu carácter ilimitado, ao abeiro dun espazo infinito, teimosos na ignorancia. Se cadra asumimos a ficción como necesaria, presos de ideas primitivas, nacidas de experiencias limitadas que sufriron xeneralizacións abusivas e se converteron en principios inmutábeis, conturbando a nosa razón. Agora sabemos que non, que a recta é unha aparencia, aquela precisa simplicidade da xeometría escolar. E xorden outras xeometrías, outras teorías físicas... Aprendemos que o universo non se corresponde coa idea de espazo plano e infinito, que a súa xeometría varía dun lugar a outro e muda permanentemente coas diversas configuracións materiais! Estas páxinas percorren unha longa marcha, a longa historia da evolución das teorías xeométricas, desde os albores da civilización ata esa modernidade que fai eclosión no século XIX. Unha andaina instrutiva que arriba a unha abstracción insospeitada, derrubando a ilusión dunha xeometría natural.
Este sitio web almacena datos como cookies para habilitar la funcionalidad necesaria del sitio, incluidos análisis y personalización. Puede cambiar su configuración en cualquier momento o aceptar la configuración predeterminada.
Las cookies necesarias ayudan a hacer una página web utilizable activando funciones básicas como la navegación en la página y el acceso a áreas seguras de la página web. La página web no puede funcionar adecuadamente sin estas cookies.
Personalización
Las cookies de personalización permiten a la página web recordar información que cambia la forma en que la página se comporta o el aspecto que tiene, como su idioma preferido o la región en la que usted se encuentra.
Análisis
Las cookies estadísticas ayudan a los propietarios de páginas web a comprender cómo interactúan los visitantes con las páginas web reuniendo y proporcionando información de forma anónima.
Marketing
Las cookies de marketing se utilizan para rastrear a los visitantes en las páginas web. La intención es mostrar anuncios relevantes y atractivos para el usuario individual, y por lo tanto, más valiosos para los editores y terceros anunciantes.