Os Ensaios de Michel de Montaigne constitúen unha das grandes creacións do humanismo do século XVI. Publicados por primeira vez en 1580 e reeditados varias veces en vida do autor, foron todo un éxito editorial e exerceron enorme influencia. A fórmula empregada, que combina o discurso filosófico coa ...
Os Ensaios de Michel de Montaigne constitúen unha das grandes creacións do humanismo do século XVI. Publicados por primeira vez en 1580 e reeditados varias veces en vida do autor, foron todo un éxito editorial e exerceron enorme influencia. A fórmula empregada, que combina o discurso filosófico coa confesión persoal e autobiográfica e toda clase de digresións, serviu de modelo para autores posteriores e instaurou un novo xénero. Montaigne non aspira a construír un sistema filosófico e nin sequera se pretende filósofo; recea de todo dogmatismo e busca na filosofía unha moral práctica orientada a aprender a vivir o máis felizmente posible. A maior parte desta escolma vén ocupada pola Apoloxía de Raymond de Sebonde, reputado como o máis filosófico dos ensaios, mostra singular do escepticismo humanista precartesiano. No titulado Que filosofar é aprender a morrer, servíndose de temas e motivos de tradición estoica, Montaigne recomenda a meditatio mortis como fórmula para aprender a vivir. No que leva o título de Da educación dos fillos expón as súas ideas acerca da educación, que fan del un precursor da pedagoxía moderna. O titulado Dos caníbales, que amosa o impacto provocado pola descuberta do chamado Novo Mundo, é tamén un texto precursor, neste caso da antropoloxía social.
Aquest lloc web emmagatzema dades com galetes per habilitar la funcionalitat necessària de el lloc, inclosos anàlisi i personalització. Podeu canviar la seva configuració en qualsevol moment o acceptar els paràmetres per defecte.
Les galetes necessàries ajuden a fer una pàgina web utilitzable activant funcions bàsiques com la navegació a la pàgina i l'accés a àrees segures de la pàgina web. La pàgina web no pot funcionar adequadament sense aquestes galetes.
Personalització
Les galetes de personalització permeten a la pàgina web recordar informació que canvia la forma en què la pàgina es comporta o l'aspecte que té, com el seu idioma preferit o la regió en la qual vostè es troba.
Anàlisi
Les galetes estadístiques ajuden als propietaris de pàgines web a comprendre com interactuen els visitants amb les pàgines web reunint i proporcionant informació de forma anònima.
Marketing
Les galetes de màrqueting s'utilitzen per rastrejar als visitants en les pàgines web. La intenció és mostrar anuncis rellevants i atractius per a l'usuari individual, i per tant, més valuosos per als editors i tercers anunciants.